XORNADAS DE EMPRENDEMENTO

Durante a semana do 2 ao 6 de marzo celebraranse neste Centro unhas Xornadas de Emprendemento dirixidas ao alumnado do 2º curso dos distintos Ciclos Formativos.

 O obxectivo das mesmas é o achegamento do alumnado á realidade empresarial do seu sector. Estas Xornadas desenvolveranse segundo o seguinte calendario:

- MADEIRA, MOBLE E CORTIZA: Luns 2 de marzo de 17.00 a 18.30h na Biblioteca.
- ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA: Martes 3 de marzo de 9.30 a 11.30h no Salón de Actos.
- FABRICACIÓN MECÁNICA: Martes 3 de marzo de 12.00 a 14.00h na Aula 25.
- QUÍMICA: Xoves 5 de marzo de 10 a 11.30h no Salón de Actos.
- TRANSPORTE E MANT. DE VEHÍCULOS: Vernes 6 de marzo de 12 a 14.00h no Salón de Actos.

Día e hora do evento: 
luns, 2 Marzo, 2015 - 17:00 a venres, 6 Marzo, 2015 - 14:00