XORNADA DE COOPERATIVISMO

Dentro das actividades de fomento do espíritu emprendedor e coa finalidade de fomentar o traballo colaborativo, celebrarase este vindeiro mércores 23 de novembro, en horario de 17.00-20.00 e na Aula 25 do noso Centro, unha xornada de cooperativismo a cargo de Brais Pérez, de Encomún proxectos, s. coop. Galega.

Trátase dunha cooperativa dedicada á consultoria e asesoramento integral de autónomos, cooperativas e outras sociedades na área de emprendemento e a xestión empresarial, especializada en cooperativas e economía social. Está integrada por unha equipa de traballo que  combina experiencia e formación en xestión empresarial (laboral, contable e fiscal), habilidades sociais e comunicación.
Día e hora do evento: 
mércores, 23 Novembro, 2016 - 17:00 a 20:00