Dende a coordinación de Emprendemento co  obxectivo de difundir, promover e apoiar as iniciativas emprendedoras entre o alumnado no noso centro visitamos con diversos grupos de 2º o viveiro de empresas existente no mesmo, pertencente á rede de viveiros da Consellería.

A actividade é promover a inserción laboral do alumnado de formación profesional e a creación de emprego estable, axudandoo a pór en marcha a súa empresa a través da rede de viveiros.

Comezamos a actividade cunha presentación na aula  falando de emprendemento, informando dos recursos dispoñibles, os programas de Eduemprende nos que poder participar e os servicios e instalacións dos viveirosaos que poder acollerse de forma gratuíta, facilitando a conversión dunha idea nunproxecto empresarial real e viable.  Despois da mesma procedemos á visita das instalacións do viveiro.