Viveiro de empresas do noso Centro


"Visita do noso alumnado"

Ao longo do segundo trimestre do curso 2019-20, desenvólvese unha das actividades programadas na área da Coordinación de Emprendemento: a visita ao viveiro de empresas do noso centro para difundilo entre os grupos de 2º curso dos ciclos formativos.

O obxectivo da actividade é potenciar o autoemprego e informar dos recursos e servizos disponibles para o alumnado, aos que poderían acceder para converter unha idea nun proxecto real.

A actividade comeza cunha charla - presentación na aula sobre emprendemento, información dos programas de Eduemprende nos que poderían participar e os servicios e instalacións do viveiro aos que poden acollerse de forma gratuíta, para a continuación visitar as instalacións do mesmo.

Abriron esta actividade, o mércores 22 de xaneiro, o alumnado de 2º do CS Laboratorio de análise e control de calidade, de 2º do CM de Operacións de laboratorio e de 2º do CS de Mantemento electrónico.

Share this post