Viveiro de empresas

Nesta quincena visitaronnos no viveiro de empresas diversos grupos, por una banda, un grupo de profesorado, con representantes de Lugo, GALICIA, Francia, Alemania e Eslovenia, integrados no programa SFATE (Smart Farm Training for Employment), un programa encadrado no marco da Estratexia Europa 2020, que decidiron traballar xuntos para aproximar a innovación aos actores rurais, e especialmente aos máis novos que están máis familiarizados coas ferramentas dixitais e tecnolóxicas. O resultado que pretende é contribuir á mellora das competencias profesionais e das oportunidades de emprego e aproximar aos estudantes e aprendices ás tecnoloxías aplicadas á agricultura dentro dos centros de formación.

E continuando charlas divulgativas sobre emprendemento e a posterior visita ao viveiro  de empresas do centro os grupos de alumnado participantes nas últimas dúas semanas foron:

- 2º do CFS de Mantemento Eléctrónico ( mañán)
- 2º de CFs de Deseño e Amoblamento ( mañán)
- CFM de Redes e Estacións de Tratamento de Augas Dual (mañán)
- 2º de CFS de INSTEL (de mañán)

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías das visitas.

 
 
 
 

 

 

Share this post