Visita de alumnado do Arcebispo Xelmírez I

Este pasado martes 16 de xaneiro recibimos a visita do alumnado do Ciclo Medio de Video DJ e Son do IES Arcebispo Xelmirez I de Santiago de Compostela.

O obxectivo da mesma foi fomentar o emprendemento e informar dos recursos dispoñibles, os programas de Eduemprende nos que poder participar e os servicios e instalacións dos viveiros aos que poder acollerse de forma gratuíta, facilitando a conversión dunha idea nun proxecto empresarial real.

Despois dunha charla sobre ditas cuestións na aula Schneider, poideron visitar o viveiro e outras instalacións do CIFP como o Laboratorio de Audiovisuais Electrónica, a aula de Domótica e o fogar Dixital ou o Centro de Transformación de Enerxía.

Estas son unhas fotos conmemorativas do evento.