Durante a última semana de novembro e a primeira de decembro o alumnado de 2º curso do Centro visitou o viveiro de empresa. Na visita puideron coñecer as instalacións e os servizos que desde a coordinación de Emprendemento se ofrecen para todo aquel alumnado que teña unha idea con posibilidade de convertirse en proxecto empresarial.

Esta actividade organízase desde Emprendemento coa colaboración do profesorado do departamento de FOL a través do módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora.

Á volta de Nadal seguiremos coas visitas emprendedoras que nos restan.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotos conmemorativas do evento.