TRANSFORMADOR DIDÁCTICO

Alumnado do IES Macías O Namorado (Padrón) matriculados no ciclo medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas realizarán practicas no CIFP Politécnico de Santiago utilizando o recurso didáctico SMART GRID”.

O luns 20 de Marzo o alumnado de Formación Profesional, do IES Macías O Namorado (Padrón) porá en práctica os contidos relacionados con Centros de Transformación, redes de distribución, instalacións de enlace e verificacións en instalacións.

O proxecto de innovación didáctica SMART GRID” -REDE ELÉCTRICA INTELIXENTE- SISTEMA DE TELECONTROL E TELEMANDO APLICADO A CENTRO DE TRANSFORMACIÓN DIDÁCTICO  permite compartir recursos de forma presencial e en rede para mellorar a competencia.

Podes consultar máis información na seguinte ligazón.

Consulta a sección relacionada con este recurso didáctico:

“Smart Grid” -Rede Eléctrica Intelixente- Sistema de telecontrol e telemando aplicado a centro de transformación didáctico

 

Día e hora do evento: 
luns, 20 Marzo, 2017 (All day)