Neste pasado mes de novembro recibimos a visita do alumnado dos CFs de Guías de Turismo e Axencias de Viaxes e de Actividades Físico-Deportivas do IES Bilingüe Rosalía de Castro.

O obxectivo da mesma foi fomentar o emprendemento e informar dos recursos dispoñibles, os programas de Eduemprende nos que poder participar e os servicios e instalacións dos viveiros aos que poder acollerse de forma gratuíta, facilitando a conversión dunha idea nun proxecto rempresarial real e viable.

Despois dunha charla sobre ditas cuestións poideron visitar as instalacións do viveiro e outras áreas do CIFP.

Aquí mostranse algunhas imaxes conmemorativas do evento.