Visita a edificios bioconstruídos en Friol


4 de novembro - Friol

Este luns, 4 de novembro, levouse a cabo unha visita didáctica a diversas construcións bíotecnolóxicas en Friol.

Os edificios obxecto desta visita foron:

  • Miniqueixería ecolóxica Casa Bertolo (edificio industrial construido con balas de palla)
  • Colexio Waldorf Meniñeiros (Un construido con balas de palla e cobertura vexetal, outro con entramado lixeiro de madeira e cobertura vexetal, e varios edificios construidos en madeira con técnica canadiense, e cobertura de Lousa) 
  • E edificio illado en construcción, (técnica de entramado lixeiro e illamento con balas de palla, cobertura de enlousado e morteiros de palla-barro e en base cal.)

Acompañáronnos o CS de Química Ambiental, CS de Deseño e Amoblamento (tanto primeiro como segundo curso) e o máster en Enerxía renovable da USC (facultade de Física).

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías da xornada.

 
 
 
 

 

 

Share this post