O venres 29 pola tarde recibimos a visita no noso centro do Profesor Omar Saddiqi, Decano da Facultade de Ciencias Aïn Chock da Universidade Hassan II de Casablanca (Marrocos), o Profesor Abdelaziz Soukri  o catedrático de bioquímica da USC Manuel Rey Méndez  e o investigador do departamento de bioquímica da USC Jorge Rodríguez Castro.

Tras a benvida,  o Director D. José Manuel Leis Blanco lles  presentou brevemente a oferta do CIFP Politécnico de Santiago e a ordenación e oferta  da FP actual. A continuación visitaron as distintas instalación do centro onde puideron observar algunha das prácticas que o alumnado estaba a realizar, como a síntese de ácido acetilsalicílico ou obtención da lisozima da clara de ovo.  Nas seguintes fotos podemos observar a visita polo CIFP Politécnico de Santiago.