Visita do CPR Plurilingüe San José de Cluny


"Visita do CPR Plurilingüe San José de Cluny dentro do programa Eduemprende_Atrévete"

Este pasado venres  03 de maio, enmarcado dentro do Programa Eduemprende Atrévete, recibimos a visita do alumnado de 6º de Primaria do CPR Plurilingüe San José de Cluny de Santiago de Compostela. 

O obxectivo do programa é fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de 6º primaria no espírito emprendedor.

A actividade comezou cunha charla: Que é emprender? sobre valores e  habilidades como a autoestima, o traballo en equipo ou a colaboración, básicos para o desenvolvemento de iniciativas emprendedoras e a vida en xeral. 

Posteriormente contamos coa participación de Ramón Lois, secretario da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre e Xefe de Producto da empresa FINSA,  que lles falou por una banda da importancia da confianza en sí mesmos e do positivismo como ferramentas básicas para enfrontar os medos, da motivación e a aprendizaxe continua para mellorar e conseguir os obxectivos e por outra banda contoulles sobre a súa longa experiencia en FINSA e da importancia do papel e da responsabilidade da empresa para coa contorna natural  e a sociedade.

Para concluir  despois de informalos das distintas familias formativas do centro, puideron visitar as instalacións do noso centro.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías da xornada.

 
 
 
 

 

 

Share this post