Programa Atrévete 2019-2020


"Visita ao CIFP Politécnico de Santiago do alumnado do CPR Divino Maestro dentro do Programa Atrévete"

Alumnado de 6º de Primaria do CPR Divino Maestro de Santiago de Compostela participou o venres 6 de marzo no programa Atrévete 2019-20 da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Este programa que se desenvolve no marco do Plan eduemprende vai dirixido a fomentar, motivar, e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor.

Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración coas diferentes asociacións empresariais, en favor do impulso da cultura emprendedora entre o alumnado e darlle a coñecer ao tecido empresarial da súa contorna.

A actividade comezou cunha charla- presentación na aula 25 sobre emprendemento, traballando co alumnado as cualidades e habilidades relacionadas co mesmo. Tamén recibimos a visita do xerente da Asociación do Polígono de Tambre, que respondeu ás cuestións plantexadas polo alumnado.

O alumnado visitou os distintos talleres del centro onde se imparten os ciclos formativos e as instalacións do viveiro de empresas.

Share this post