40 anos de viñetas galegas

40 anos de viñetas galegas

Onte, día 11, comezamos os actos de conmemoración do día das Letras Galegas cunha conferencia-coloquio e a actuación do Coro de Amigos do CMUS de Santiago.

Na xornada de onte, Xaime Lis fixo un repaso da situación actual da banda deseñada galega e os corenta anos de diversas tentativas que fixeron que se chegara este momento. A continuación, o Coro de Amigos do CMUS de Santiago interpretou varias cantigas galegas: "O voso galo comadre", "Segredo", "Negra Sombra", "San Campio" e o "Himno Galego".

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías conmemorativas do evento.

Share this post