ALUMINIOS CORTIZO (Accións de colaboración Formativa)

Coñecer o proceso completo do aluminio, desde a fundición de materia prima ata a súa materialización en produtos como sistemas de cerramentos para a arquitectura e compoñentes industriais para sectores como a industria do automóbil, a aeronáutica ou a fabricación de bens de equipo (ascensores, mobiliario, equipos ofimáticos, etc.).

O TALLER DO ALUMINIO expoñerá un conxunto de sistemas produtivos de contrastada relevancia e calidade no ámbito de influencia xeográfica e sectorial do Grupo Cortizo, para que todas aquelas persoas que se están preparando para a súa futura incorporación ao mercado laboral, conten cun contacto de referencia que lles permita coñecer de primeira man as necesidades actuais e futuras dunha compañía internacional galega.

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o tríptico informativo.

Día e hora do evento: 
martes, 24 Xaneiro, 2017 (All day) a xoves, 26 Xaneiro, 2017 (All day)