O pasado día 30 de novembro, alumnado do CS Laboratorio de Análise e de Control de Calidade (modular) e do CM Electromecánica de Vehículos Automóbiles (tarde), participaron nun taller desenvolvido na Cidade da Cultura (CdC) no centro de emprendemento co que contaTelefónica en colaboración coa Xunta de Galicia nas instalacións do Gaiás. Esta actividade foi organizada pola coordinación de Emprendemento e o departamento de FOL do CIFP Politécnico de Santiago, conxuntamente.

O taller consistiu en conseguir un reto determinado, a través dunhas pautas propostas.

Dentro da filosofía do Programa Galicia Open Future_, esta actividade debe entenderse como ferramenta importante para axudar a que proxectos ou startups de futuros emprendedores, en calquera fase de maduración, alcancen un éxito global.
(https://online.openfuture.org/es/new/2015_06_23/aun_no_sabes_que_es_galicia_open_future)

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotos conmemorativas do evento.