SPIN 2016: SEMANA DO EMPRENDEMENTO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

SPIN 2016: SEMANA DO EMPRENDEMENTO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

O emprendemento anega Santiago de Compostela con Spin2016 no Gaiás.

Durante esta semana a capital galega alberga numerosas actividades que achegarán un pouco máis a realidade dos emprendedores a toda a cidadanía. Cultura, emprendimiento e moito humor estarán presentes na zona monumental entre o 26 e o 28 de setembro, para trasladarse despois á Cidade da Cultura de Galicia, onde do 29 de setembro ao 1 de outubro celebrarase Spin2016, a maior cita dedicada ao emprendimiento universitario de Iberoamérica, que acollerá a máis de de 2.000 emprendedores, estudantes, investigadores, docentes, empresas ou investidores procedentes de España, Portugal e América Latina.

Os asistentes terán a oportunidade de escoitar e aprender de máis de 70 personalidades do mundo da ciencia, a investigación, a empresa, a cultura ou o deporte. Entre eles, atópanse o músico e compositor arxentino Gustavo Santaolalla, gañador de dous Premios Óscar á Mellor Banda Sonora por Babel e Brokeback Mountain; a escritora brasileira Premio Princesa de Asturias das Letras, Nélida Piñón; o ex-seleccionador de fútbol español, Vicente do Bosque; a Nomeada ao Premio Nobel da Paz e directora do Instituto Afgán da Aprendizaxe, Sakena Yacoobi; ou a moza emprendedora peruana Mariana Costa, cuxo traballo en favor da integración das mulleres no ámbito tecnolóxico foi eloxiado por Barack Obama e Mark Zuckeberg.

Ademais, Spin2016 apoiará os mellores proxectos emprendedores e empresas impulsados por universitarios iberoamericanos repartindo premios por un valor de 100.000 euros. Completa o evento unha extensa axenda de actividades lúdicas como o MotorHome Santander Universidades -onde vivir a experiencia de conducir un coche de Fórmula1- música en directo, teatro de improvisación e unha zona de foodtrucks.

Información completa no seguinte enlace:

https://www.spin2016.org/es/actualidad/noticias/empieza-la-semana-del-emprendimiento-en-santiago-de-compostela

Share this post