Semana de Portas Abertas 2015

Semana de Portas Abertas 2015

Dende o CIFP Politécnico de Santiago comprácenos invitarvos a realizar unha visita ao noso centro educativo, para que o alumnado dos últimos cursos da ESO e Bacharelato coñeza máis de cerca a Formación Profesional e vexan nela una alternativa máis de formación.

Con este fin imos organizar unha Semana de Portas Abertas dende o 2 ao 6 de febreiro de 2015.

Nesta visita ofrecerémoslle información ao alumnado sobre:

  • O CIFP Politécnico de Santiago.
  • O acceso aos ciclos medios e superiores.
  • As familias profesionais que ofertamos: Electricidade e electrónica, Fabricación mecánica, Transporte e mantemento de vehículos, Madeira, moble e cortiza, Instalación e mantemento e Química.
  • Os ciclos medios e superiores que se cursan neste centro.
  • O proxecto de FP Dual en Galicia.

A programación prevista consta dunha pequena introdución no Salón de Actos, e a continuación unha visita guiada polas instalacións do centro para que coñezan os talleres onde se imparten os diferentes ciclos e os equipamentos dos que dispoñen.

A duración da visita será en principio sobre hora e media, ampliable ou reducible en función dos requirimentos do centro visitante. Pola mañá prevemos dúas quendas, a primeira de 9:30 a 11:15, a segunda de 11:15 a 13:00, e pola tarde unha de 16:30 a 18:15. De todos modos este horario é flexible e adaptable ás vosas necesidades.

Ofrecémosvos tamén a posibilidade de ir ao voso centro para realizar una charla coa información sinalada anteriormente.

Para solicitar a visita cubra e envíe este formulario

Para calquera outra cuestión os datos de contacto son:

Teléfono CIFP Politécnico de Santiago: 981 522 062

Correo electrónico: fandinho@edu.xunta.es

Share this post