O pasado luns 26 de outubro (en dúas sesións, de 12 a 13h e de 14 a 15h) e onte, martes 3 de novembro de 2015 (de 16 a 17h), persoal técnico de emprego da Axencia Local de colocación informou no Centro sobre o I Foro colaborativo para o emprego (FOCO 2015) que terá lugar no Palacios de Congresos o 5 e 6 de novembro de 2015.

A actividade resultou de interese para o alumnado (aprox. 50 alumn@s por sesión) e durante o seu desenvolvemento as ponentes explicaron todas as posibilidades que ofrecía o FOCO 2015, así como os servizos que ofrece a Axencia Local de colocación.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotos conmemorativas do evento.