Proxecto Iniciativa Xove: XOGANDO COA QUÍMICA

Proxecto Iniciativa Xove: XOGANDO COA QUÍMICA

O Proxecto de Iniciativa “Xogando coa Química” aprobado pola Consellería de Xuventude terá o seu remate cunha exposición de xogos e prácticas químicas no IES Macías O Namorado co alumnado de 4º da ESO este venres 10 de outubro de 2014 de 10:00 a 12:00.

Que o alumnado descubra o marabilloso mundo da química a través de certos trucos visuais químicos de materiais da vida diaria. O proxecto desenvolveuse unha parte no centro de ensino do CIFP Politécnico de Santiago no mes de febreiro (Participando nas Xornadas de Portas abertas) e outra nun centro da comarca (IES Macías O Namorado de Padrón) no que se desenvolverá unha xornada de Química Máxica. A maiores enviamos material didáctico a centros de Santiago e Comarca.

Share this post