Programación de la producción


Fondo: Descrición

As competencias adquiridas co módulo de Programación da Produción capacítanche para realizar traballos nos que desempeñar tarefas de xestión e control da produción, utilizando programas informáticos específicos que axuden a controlar o aprovisionamento de materias primas e ferramentas, a supervisión do mantemento ou colaborar para o cumprimento dos obxectivos de produción. Este libro permite que o lector adquira as competencias profesionais, persoais e sociais relativas ao módulo, pertencente ao ciclo formativo de grao superior denominado Programación da Produción en Fabricación Mecánica.

O estudante, mediante diferentes recursos didácticos que conxugan teoría e práctica, progresará no seu proceso de ensino-aprendizaxe fundamentada en oito unidades didácticas que traballarán áreas tales como a produtividade e a produción, a distribución en planta ou a programación e o control da produción, así como o plan de mantemento, control de inventarios, loxística e control da documentación.