Ampliación do Programa de Garantía Xuvenil

Ampliación do Programa de Garantía Xuvenil

O Programa de Garantía Xuvenil está destinado a mozos e mozas menores de 30 anos e maiores de 16 que non estiveran traballando, nin estudando ou recibindo formación nos 30 días anteriores á inscrición neste Programa.

Para aqueles que vos atopedes nesa situación, pode ser moi interesante o voso rexistro no Sistema de Garantía Xuvenil, ben na páxina,

https://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/accesoJovenes.html

ou ben acudindo á vosa oficina de emprego máis cercana.

IMPORTANTE: Para as mozas e mozos que participen neste programa as empresas contan con importantes incentivos á contratación. Estas axudas, no caso de que as empresas se acollan a contratar ao amparo deste Programa, deben estar xustificadas antes do 31 de outubro. Polo tanto, de estar interesados, urxe que vos rexistredes no Programa, xa que a alta no mesmo faise efectiva aproximadamente ás dúas semanas de solicitala.

Share this post