Probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior. Convocatoria 2016

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior.

Convocatoria 2016

No DOG do xoves 11 de febreiro de 2016 publicase a Orde pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2016.

No que respecta ás probas de acceso a grao superior hai dúas novedades importantes:

• A LOMCE establece que o Título de técnico de formación profesional ten acceso DIRECTO aos ciclos superiores de FP. Por tanto os titulados de ciclo medio NON teñen que facer as probas de acceso a ciclo superior.
• Tamén establece como acceso directo o Título de BUP (LXE 1970), polo que tampouco estos titulados poden facer as probas de acceso (antes esixíase COU).

Por tanto:

• Se teño un ciclo medio, non podo presentarme ás probas de acceso a grao superior.
• Se non teño un ciclo medio, sí podo presentarme, pero se no momento da inscrición a grao superior (segunda quincena de xuño ata primeiros de xuño) xa o teño rematado, non poderemos entrar pola cuota da proba e teremos que facelo obrigatoriamente pola cuota de acceso directo. Por tanto se titulamos nun ciclo medio, ainda que teñamos superada a proba non nos valerá de nada. Sí nos valerá no caso de non titular.

Máis información aquí.

Share this post