Xestión da Calidade

A Política de Calidade é o conxunto de intencións globais e a orientación do noso centro relativas á calidade, expresadas formalmente pola Dirección. Con data 9 de decembro de 2016, AENOR, Asociación Española de Normalización e Certificación, voltou a certificar que o CIFP Politécnico de Santiago dispón dun sistema de xestión da calidade consonte coa Norma UNE-EN-ISO 9001:2008.

Nun centro educativo organizado mediante un sistema de xestión de calidade é preciso ter un control exhaustivo sobre a documentación xenerada. Para facilitar esta tarefa dispoñemos dunha guía documental na que se mostran todos os documentos que se deben cubrir en función do momento do ano no que nos encontremos e da nosa función no Centro.

Anualmente lévanse a cabo dúas auditorías, interna e externa, que quedan reflectidas nos correspondentes informes, accesibles únicamente a usuarios rexistrados.

No Politécnico de Santiago queremos coñecer a súa opinión, polo que pode facernos chegar as súas suxestións, queixas, reclamacións ou felicitacións mediante o seguinte formulario.