Relación de premiados en GaliciaSkills 2014

Relación de premiados en GaliciaSkills 2014

No pasado mes de outubro celebrouse en diversos centros de Formación Profesional de Galicia a competición GaliciaSkills, co obxectivo de darlle unha maior proxección e difusión á formación profesional que se imparte na nosa comunidade autónoma.

O alumnado do noso Centro resultou galardonado coas distincións que se detallan a continuación. Noraboa a todos os participantes e, por suposto, aos que resultaron gañadores.

Este é un campionato eminentemente práctico que consistiu no desenvolvemento de 23 competicións relacionadas coas especialidades da Formación Profesional, nas que as persoas participantes mediron as súas destrezas, demostrando as súas capacidades na realización das correspondentes probas. Relación de alumnado do noso Centro que resultou gañador:

Reparación de carrozarías de vehículos
Medalla de Prata: Angel Balado Tarrio. Titor: Fernando Suárez Sandomingo.
Tecnoloxía do automóbil
Medalla de Prata: Cristian Álvarez Liste. Titor: Manuel Pedreira Ferreño.
Carpintaría
Medalla de Prata: Ramón Moreira Temprana. Titor: Juan Carlos Pascual Quián.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder aos nomes dos Gañadores nas distintas competicións e sobre o seguinte enderezo para acceder á galería de Álbums Fotográficos do evento.

Share this post