OBRADOIROS DE COMUNICACIÓN PARA A EMPRESA

O vindeiro xoves 17 de novembro, impartiráse a primeira das xornadas de dous obradoiros de comunicación para a empresa. Serán a cargo de Blanca Reimonde, da empresa Elenda Comunicación.

As actividades son prácticas e teñen como  obxectivo adquirir as competencias que serán chave no futuro do alumnado e desenvolver capacidades como a creatividade, a comunicación, a expresión escrita ou o espíritu emprendedor e aptitudes tan importantes como a empatía, a proactividade ou a organización e xestión efectiva do tempo, aproximándoos máis ao mundo laboral e en concreto, á profesión que desempeñarán no futuro. O alumnado coñecerá as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades que ofrecen os medios online. Analizaranse as necesidades comunicativas de empresas e institucións e definirá e afondará no concepto de comunicación publicitaria e comunicación online e aplicará a teoría ao sector no cal se  especializaran. Coñecerán os diferentes tipos de comunicación corporativa (interna e externa) e as ferramentas que existen para mellorala. Saberán o que é a reputación online e a importancia que ten tamén para as PEMES de sectores concretos.

Estas actividades complementarias desenvolveránse ao longo de dous xoves consecutivos de 17.00 a 19.00.

Día e hora do evento: 
xoves, 17 Novembro, 2016 - 17:00