CIFP Politécnico de Santiago


A Xunta creará o vindeiro curso un novo ciclo de FP Dual para o sector da primeira e segunda transformación da madeira no CIFP Politécnico de Santiago en colaboración con Finsa

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e Fernando Segade, en representación de FINSA, asinaron hoxe un convenio de colaboración para implantar o vindeiro curso un novo ciclo de Formación Profesional Dual, que se impartirá no CIFP Politécnico de Santiago, con formación práctica na empresa madeireira compostelá. O título, de nova creación, será o de grao medio en Procesamento e transformación da madeira, terá dous anos de duración e comezará a impartirse o vindeiro mes de setembro.

Fonte: Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Share this post