FP Innova Galicia 2019


"Celebración da IV Edición de FP Innova"

Entre os días 8 e 10 de maio celebrouse na Cidade da Cultura de Galicia a cuarta edición de FP Innova Galicia.

Ao longo de 4100 m2 de exposición no Museo Centro Gaiás, puidemos asistir á presentación dos proxectos de investigación e innovación que os centros de formación profesional de Galicia están a desenvolver con empresas e institucións.

O departamento de Electricidade e Electrónica do noso centro colaborou cunha aplicación didáctica intelixente encamiñada a controlar o consumo eléctrico.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías do evento de Paula Franco.

 
 
 
 

 

 

Share this post