O pasado 10 de marzo recibimos a visita dos responsables do Proxecto DECO, enmarcado no programa ERASMUS+, e coa financiación do Fondo Social Europeo.

O Proxecto DECO crea unha asociación entre catro países (España, Lituania, Bulgaria e Turquía) e oito asociacións, co obxectivo principal da identificación das competencias clave necesarias para unha integración de éxito no mercado laboral do alumnado de Formación Profesional. Pola súa banda, o programa ERASMUS+ céntrase na aprendizaxe dentro da Unión Europea.

Nesta visita participaron profesores e membros das distintas organizacións relacionadas coa Formación Profesional dos catro países participantes, que puideron presenciar a actividade que se leva a cabo no noso Centro. Prema sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotos conmemorativas do evento.