Modificación Código Técnico Edificación

Real Decreto 732/2019, do 20 de decembro, polo que se modifica o Código Técnico da Edificación, aprobado polo Real Decreto 314/2006, do 17 de marzo. Publicado en BOE/BOE Núm. 311 Venres 27 de decembro de 2019.

O pasado 27 de decembro modificouse o Código Técnico da Edificación debido as actualizacións dos Documentos Básicos  DB-HEI “Aforro de enerxía” e  DB- HS “Salubridade”.

Actualízase esta sección co fin de adaptala aos avances técnicos do sector da construción. Por iso, nesta revisión introdúcense modificacións na estrutura das esixencias básicas para adaptalas á normativa europea, revísanse os valores mínimos de eficiencia enerxética que deben cumprir os edificios e actualízase a definición de edificio de consumo de enerxía case nulo. Ademais, completouse coa protección necesaria fronte ao gas radón (tan presente nos nosos chans) debido ao alto risco que presenta. 

Con todo, non nos veremos afectados na nosa actividade cotiá (Empresas Instaladoras Eléctricas) debido a que se respecta o xa disposto en anteriores versións dos documentos básicos.

A entrada en vigor produciuse o 28 de decembro de 2019 aínda que, non serán de aplicación ás obras de nova construción e ás intervencións en edificios existentes que, en ambos os casos, teñan solicitada a licenza municipal de obras á entrada en vigor deste real decreto.

 

Fonte: Circular 01-2020 ASINEC 

Share this post