Viaxe a Francia


Mobilidade CS Mecatrónica Industrial

A raíz do programa de mobilidades da FP dual que convocou a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para mellorar a competencia profesional e lingüística do alumnado de FP dual, o alumnado do CS de Mecatrónica Industrial,  réxime dual coas empresas Finsa/Foresa, visitou a segunda semana de novembro as Instalacións de Finsa France e Foresa France que estas empresas posúen en Morcenx e Ambarès-et-Lagrave.

Aínda que tamén houbo tempo para visitar o museo do desembarco en Normandía e o Mont Saint Michel, entre outros.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías da viaxe.

NOTA: Calquera persoa retratada nas fotografías que se publican a continuación, a pesar de ter asinado o correspondente formulario de autorización do uso da imaxe persoal polo centro, pode solicitar a retirada de calquera fotografía publicada neste sitio web mediante a cumplimentación do seguinte formulario.

 
 
 
 

 

 

Share this post