Mesa Redonda da Familia de Química

O departamento de Química e a coordinación de Emprendemento organizan unha mesa redonda na que intervirán Francisco Guitián Rivera (Prof. Dr. do Instituto de cerámica de Galicia e Promotor e creador de empresas), Olalla González Caramés (Traballadora da empresa Ramsa do grupo FerroAtlántica) e Gabriel Arcos Vilanova (Traballador no Instituto de Acuicultura da USC).

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder ao cartel informativo da actividade.

Día e hora do evento: 
xoves, 4 Febreiro, 2016 - 10:00 a 11:30