POSTA EN MARCHA DO PROGRAMA “MEDRA” DE FOMENTO DO EMPRENDEMENTO

POSTA EN MARCHA DO PROGRAMA “MEDRA” DE FOMENTO DO EMPRENDEMENTO

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha o programa Medra, que se desenvolve dentro do marco do Plan de Emprendemento do Sistema Educativo de Galicia (Plan Eduemprende).

Esta acción desenvolverase en catro obradoiros (un por provincia) impartidos por Anxo Pérez, CEO e fundador de 8Belts.com. Emprendedor natural de Fisterra (A Coruña), a súa paixón pola aprendizaxe e o aproveitamento dos propios talentos marcan a súa ampla e diversa traxectoria profesional.

O primeiro desta serie de obradoiros terá lugar o próximo 24 de outubro no IES Universidade Laboral de Culleredo de 11.15h a 13.00h.

Share this post