Colección de 42 títulos con obras de narrativa, poesía, teatro, banda deseñada, ensaio e divulgación

Trátase dun recurso bibliográfico formado por libros de lectura para o alumnado de secundaria e mais para o profesorado. A súa finalidade é fornecer os centros dun recurso que poida contribuír a traballar sobre a corresponsabilidade, a diversidade, o empoderamento, os estereotipos, o feminismo, a historia das mulleres, a identidade, as relacións de parella, a violencia de xénero...

A maleta para secundaria contén 42 títulos (obras de narrativa, poesía, teatro, banda deseñada, ensaio, divulgación). A persoa interesada en ler algún dos títulos enumerados nesta ligazón pode poñerse en contacto co coordinador da Biblioteca no seguinte horario para o seu préstamo. Os títulos prestados deberán devolverse con antelación ao 18 de xuño.