COVID-19


Ola a tod@s desexámosvos feliz aninovo.

Queremos lembrar que no comezo deste 2º trimestre do curso debemos seguir aplicando de maneira escrupulosa e co mesmo celo que no primeiro trimestre as normas de protección COVID.

No centro debemos seguir:

  • Mantendo as distancias de seguridade.
  • Desinfectando polo menos cinco veces as mans mediante xel hidroalcohólico ( Como mínimo nas entradas e saídas e sempre que utilicemos o servizo)
  • Uso de mascarillas en todo momento que cubra o nariz e a boca.
  • Ventilación das aulas. Sempre que sexa posible de forma continua. Se non polo menos 15 minutos en cada troco de clase e polo menos de 5 a 10 minutos cada hora.
  • Na realización das prácticas desinfectando do material común despois de cada uso.
  • Cada alumno/a terá sempre o mesmo posto na aula, laboratorio ou taller
  • Medición de temperatura do alumnado o inicio das aulas na quenda de mañá e tarde.
  • Desinfección de superficie de traballo polo menos o entrar e saír de cada unha das aulas, talleres ou laboratorios
  • Respecto das normas específicas de cafetería, biblioteca ou despachos. No aforo, uso de mesas ou desinfección.
  • Desprazamentos polo centro na medida do posible segundo as indicacións e evitando en todo momento as aglomeracións
  • Respectaremos as entradas e saídas asignadas para poder acceder a aula, taller ou laboratorio.

A nivel do centro seguiremos:

  • Aumentaremos a catro as desinfeccións diarias de superficies comúns do centro. Despois das entradas e despois dos descansos.
  • Realización de medicións de CO2 en zonas con peor ventilación.
  • Desinfección de aulas, laboratorios e talleres os fins de semana.
  • Lembrando que nos descansos se manteñan as normas de distancia de seguridade, uso de máscara e desinfección mediante xel hidroalcohólico. E cando esteamos en cafeterías sacaremos a máscara só no momento da inxestión, poñéndoa novamente para falar.

Lembrar tamén o compromiso da autoavaliación diaria dos síntomas COVID e NON ASISTIR ao centro e MANTERSE en illamento preventivo domiciliario nos seguintes supostos:

  • Se o alumno/a ten síntomas compatibles coa COVID-19, poñéndose en contacto co seu médico e con algunha das persoas membros do equipo COVID do centro educativo.
  • Se algunha persoa convivinte é sospeitosa de padecer a COVID-19, o alumno/a recoméndaselle non acudir ao centro ata que se coñeza o resultado da proba e sexa negativo. A persoa afectada ou a súa familia comunicarán o resultado á persoa coordinadora COVID do centro.

O cumprimento destas normativa posibilitará poder levar a cabo o desenvolvemento da formación os vindeiros meses, como no primeiro trimestre.

Moitas grazas por todo o esforzo e moito ánimo.

Equipo COVID.

Share this post