O martes 23 de xaneiro, ás 10.30 horas, no Salón de Actos, haberá unha charla sobre "Ledes: luces e sombras", dentro do programa "A ponte entre o ensino medio e a Universidade de Santiago".

Será impartida polo profesor D. Miguel Ángel González García, profesor da  Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, departamento de Enxeñaría Agroforestal, da Universidade de Santiago de Compostela, campus de Lugo.

Preténdese explicar o funcionamento dos ledes e a sua utilización na iluminación. Non se profundizará no funcionamento electrónico, senón nas suas características lumínicas e as implicacións no deseño de instalacións, cualidade cromática, aforro enerxético, etc.

1. Explicación intuitiva dos conceptos de lonxitude de onda, reproducción cromática e temperatura de cor.
2. Breve historia dos ledes
3. Como funciona
4. Consumo enerxético
5. Peroooo... non hai inconvenientes?

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartaz da actividade.

Día e hora do evento: 
martes, 23 Xaneiro, 2018 - 10:30 a 11:30