Presentou unha trampa selectiva na feira FP Innova

A través dun pequeno cono, a avispa velutina entra. Xa non poderá volver saír. En cambio, se ese camiño ségueo unha abella, será capaz de liberarse. É, a grandes liñas, a mecánica dunha trampa para avispas velutinas que deseñaron catro alumnos do CIFP Politécnico de Santiago: Cristian Ruiz, Ricardo Miramontes, Xan Silva e Alfonso Álvarez. O seu proxecto, no que participa o Cimus, é unha modificación de colmeas do open source beehives, e converteuse nunha das sensacións da mañá na feira FP Innova, unha cita que comparten con outros 46 proxectos innovadores de 25 centros educativos.

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder á nova completa.

Fonte: La Voz de Galicia