O Politécnico salienta a saída laboral para captar novo alumnado

O Politécnico salienta a saída laboral para captar novo alumnado

Recibe nunha semana de portas abertas a 500 estudantes de 13 centros da cidade e comarcas próximas.

Unha formación atractiva e, sobre todo, con saída laboral. Eses son os aspectos que máis salienta o Politécnico para captar novo alumnado.

Fonte: La Voz de Galicia, 4 / 02 / 16

Faio nunha nova semana de portas aberta, que finaliza hoxe. Acoden 500 estudantes de últimos cursos de ESO e bacharelato, cos seus orientadores, de 13 centros: os IES Pontepedriña e Xelmírez II de Santiago; e os restantes de Mazaricos, Boiro (2), Vedra, Padrón, Noia, O Pino, Val do Dubra, Lalín, Boqueixón e Rianxo.

É unha actividade central na programación anual do Politécnico, explica Santiago Díaz, responsable da área de Administración e Xestión do equipo directivo. Implican a estudantes e docentes, pero tamén a antigo alumnado, empresariado de firmas onde realizan prácticas, e moi especialmente os departamentos de Orientación e Lingua Galega deste centro de FP.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder á nova completa.

Share this post