Empresas puxantes da cidade e a área impulsan o ensino dual

Entre as novidades do curso en secundaria e formación profesional en Santiago destaca o crecemento da formación profesional dual, pola implicación de empresas puxantes da cidade e da área metropolitana. Televés, Aluminios Cortizo de Padrón, e Carpintería Ramón García de Ordes, súmanse ao impulso desta modalidade, que compatibiliza formación entre un centro de FP (o Politécnico, neses casos) e a empresa. Xa o facían Finsa e Viaqua, tamén no Politécnico. E súmanse á oferta as multinacionais hostaleiras Hotusa e Arlea (no Politécnico e o Compostela), Volkswagen (no Politécnico) e Leroy Merlin (no IES Pontepedriña), que tamén promoven ciclos formativos.

Fonte: Joel Gómez (La Voz de Galicia)
Fotografía: Paco Rodríguez

Share this post