Acreditación de Competencias Profesionais

Nove centros integrados de formación profesional (CIFP) da provincia ofrecen 5.350 prazas para recoñecemento, avaliación e acreditación de competencias profesionais. Son os de Someso (1.200 prazas, entre 5 familias profesionais: as de Edificación e obra civil, Fabricación mecánica, Imaxe persoal, Madeira e moble, e Transporte e mantemento de vehículos), Paseo das Pontes (530, entre Hostalería e turismo e Téxtil), Ánxel Casal-Monte Alto (330, de Servizos socioculturais e á comunidade) e Imaxe e Son (200 prazas, de Imaxe e son), da Coruña. O Ferrolterra (900 prazas, de Electricidade e electrónica, Fabricación mecánica, Instalacións e mantemento, e Transporte e mantemento de vehículos) e Rodolfo Ucha Piñeiro (750, entre Administración e xestión e Comercio e márketing), de Ferrol. O Politécnico (740, de Electricidade e electrónica, Fabricación mecánica, Química, e Transporte e mantemento de vehículos) e Compostela (500, de Hostalería e turismo, Industrias alimentarias e Servizos socioculturais e á comunidade), de Santiago; e o Coroso, de Ribeira (460 prazas, de Electricidade e electrónica e de Instalación e mantemento).

Fonte: Joel Gómez (La Voz de Galicia)
Fotografía: Sandra Alonso

Share this post