Lanzan en Santiago a terceira promoción do ciclo de FP de redes e tratamento de augas

A Consellería de Educación e a empresa Viaqua asinaron o convenio para iniciar en setembro a terceira promoción do ciclo de formación profesional (FP) de grao medio de Redes e Estacións de Tratamento de Augas. Impartirao o Politécnico de Santiago, como os dous anteriores, polo sistema de FP dual. Dura 2.000 horas, das que o centro educativo asume o 64 % da docencia e Viaqua o 36 %.

Fonte: Joel Gómez (La Voz de Galicia)
Fotografía: Paco Rodríguez

Share this post