A FP a distancia do Politécnico atrae alumnos desde Israel, Suecia e Alemaña

Os estudos de Deseño e Amoblamento do Politécnico completaron as prazas que ofrecían para este curso, nas modalidades presencial e a distancia. É un ciclo superior de Formación Profesional (FP) con saída laboral, iso explica a súa elevada demanda, afirma Nanda Cabaleiro, profesora e titora desta titulación: « As empresas están a pedir profesionais. Unha alumna a distancia que acabou as prácticas en decembro xa a contrataron nunha empresa de estruturas de madeira», sostén.

Fonte: Joel Gómez (La Voz de Galicia)
Fotografía: Paco Rodríguez

Share this post