Santiago Díaz Barbeito: «Implantar o ciclo superior de FP de biotecnoloxía é unha prioridade»

«Nas mesmas condicións, non me importaría traballar outros 50 anos», afirma Santiago Díaz Barbeito, profesor e responsable da Área de Administración e Xestión do Politécnico. O 1 de outubro recibiu un recoñecemento de colegas do Departamento de Química do centro, ao que pertence, por 50 anos de profesión. Foi un acto condicionado polas restricións que impón a pandemia e onde se lembraron acontecementos marcantes, de interese didáctico e tamén persoal, con fotografías e palabras de amizade. A súa xubilación será no final deste curso, cando o Politécnico escolariza a 1.300 estudantes de FP, con 107 docentes e 14 profesionais non docentes, e está recoñecido como un dos poucos de España de referencia na UE.

Fonte: Joel Gómez (La Voz de Galicia)
Fotografía: Sandra Alonso

Share this post