Juan Carlos Codesido: «Os recursos que ten a FP sorprenden aínda a moitas persoas e empresas»

No pavillón das universidades de Aula 2020, o salón internacional de estudantes e oferta educativa celebrado a semana pasada en Madrid, contou cun espazo propio o Politécnico de Santiago. Estiveron os docentes Juan Carlos Codesido, Jaime Franco, José Luís García e José Antonio Pose, seis estudantes e un representante dunha empresa de impresión 3D que colabora co centro. Durante catro días promoveron os ciclos das familias de Química, Madeira e Electricidade, «e boa parte das visitas pensaban que nós tamén eramos unha universidade pública ou privada, porque os recursos que ten a FP sorprenden aínda a moitas persoas e empresas, que non imaxinan os avances orientados para o mercado laboral con que contamos», afirma Juan Carlos Codesido.

Joel Gómez
Fotografía: Sandra Alonso

Share this post