Alumnado do Politécnico expón traballos premiados

Alumnado do Politécnico expón traballos premiados

Dous grupos de estudantes do ciclo de Química ambiental do Politécnico expuxeron onte no centro traballos premiados no certame "Proxecto Iniciativa Xove Emprendedora da Xunta". Elaboráronos o curso pasado, con orientación do profesorado.

Un grupo baseouse no uso do Spin Air, un instrumento que serve para avaliar a contaminación microbiana do aire, e mostrou os resultados tras aplicalo nun local hostaleiro da cidade. O outro mostrou o interese de manexar un biorreactor, para o seu posterior uso no tratamento de residuos.

Un terceiro grupo premiado do Politécnico expoñerá a súa proposta, de trucos químicos, a semana próxima nun centro de Padrón.

La Voz de Galicia, 4 de outubro de 2014

 

Share this post