La guerra civil española


Fondo: Descrición

Cando se cumpren oitenta anos do golpe de estado que desencadeou a guerra, o xoven historietista José Pablo García adapta o libro de Preston ao formato cómic e ofrécenos unha historia en imaxes que pretende aproximar o relato daquela traxedia ás novas xeracións, pero sobre todo contribuír a preservar a memoria do que ocorreu, algo esencial para o exercicio cotián da democracia.

A guerra civil española de Paul Preston, un dos hispanistas de maior prestixio internacional, é un texto de referencia sobre o conflito que arrasou España entre 1936 e 1939, e que marcou o resto do século XX. Ao reconstruír a complexa trama do enfrontamento bélico con precisión e lucidez, constitúe un libro imprescindible para abordar a violenta realidade que viviu este país.