O Politécnico forma en ciberseguridad

Evitar ataques á denominada industria 4.0, a máis avanzada, para que se poida afianzar e non experimente perdas e contratempos que entorpezan a súa produción: ese é o obxectivo do curso de especialización en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operaciónque implanta de forma pioneira en outubro o Politécnico de Santiago na FP española. Dura 720 horas e está previsto que se imparta entre a segunda quincena de outubro e xuño do 2021. Non contempla prácticas en empresas.

«Son uns estudos moi orientados para a industria 4.0, que é susceptible de ser manexada ou actuar sobre ela telematicamente. Porque todo o que ten acceso exterior telemático, ou que pode ser manexado por ordenadores a distancia, tamén é susceptible de ataques pola rede que poden causar problemas. Esta é unha superespecialización que pode facer o alumnado titulado en cinco ciclos superiores que ofertamos no centro: os catro da familia profesional de Electricidade e Electrónica, que son os de Mantemento electrónico, Sistemas de telecomunicacións e informáticos, Sistemas electrotécnicos e automatizados e Automatización e robótica industrial; e tamén o de Mecatrónica industrial, da familia de Instalacións e mantemento», explica José Manuel Leis, director do centro.

Joel Gómez
Fotografía: Paco Rodríguez

Share this post