Información Xeral

Información Xeral da Biblioteca do CIFP Politécnico de Santiago

HORARIO E INSTRUCIÓNS

A Biblioteca permanecerá aberta ininterrumpidamente entre as 8:30 e as 21:30.

Este curso académico 2020-2021, debido á situación de pandemia mundial derivada do COVID-19 hai unha serie de importantes instrucións que debemos ter en conta polo ben de todos os usuarios e usuarias da biblioteca:

  • Ao igual que no resto de estancias do centro, é obligatorio o emprego de máscara.
  • As persoas usuarias hixienizarán as mans antes e despois da estancia na sala.
  • Cada mesa da biblioteca será ocupada por unha soa persoa. Na medida do posible, cada persoa usuaria ocupará sempre o mesmo lugar.
  • As persoas usuarias hixienizarán o posto ocupado antes e despois do seu uso.
  • Non se compartirá material de uso propio.
  • Non comerán nin beberán mentras estudian.
  • O préstamo dos fondos levarase a cabo a través da páxina web do centro, segundo a seguinte GUÍA.

Non debemos esquecer a necesidade de non perturbar o estudio dos outros estudantes, polo que se lembra que deben manter riguroso silencio.