CIFP Politécnico de Santiago

A súa Maxestade a Raíña presidiu a apertura do Curso de Formación Profesional 2020/2021 que, nesta edición, celebrouse no Centro Integrado de Formación Profesional “Politécnico de Santiago”.

A súa Maxestade a Raíña, que viaxou acompañada pola ministra de Educación e Formación Profesional, María Isabel Celaá; foi recibida á súa chegada polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijoó, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, o delegado do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia, Javier Losada e o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, entre outras autoridades.

Tras os saúdos protocolarios, Dona Letizia dirixiuse ao interior do edificio onde descubriu unha placa conmemorativa con motivo da súa visita.

A continuación, A súa Maxestade a Raíña dirixiuse á biblioteca onde se reuniu con representantes do profesorado, empresarios e alumnos. A reunión iniciouse cunhas palabras de benvida do presidente da Xunta de Galicia, seguindo coas intervencións de Juan Carlos Codesido, en representación do profesorado (intervención que presentamos na seguinte ligazón), Uxía Blanco, en representación dos alumnnos e Santiago Rey e Constante Fontán, en representación dos empresarios. A reunión proseguiu cun diálogo aberto e finalizou coa intervención da ministra de Educación e Formación Profesional.

Fonte: Casa de Súa Maxestade O Rei

Share this post