Primeiros Auxilios |
|
---|---|
![]() |
No marco legal fixado pola normativa en materia de prevención de riscos laborais, ponse a disposición do persoal docente a realización con carácter voluntario dunha xornada informativa sobre primeiros auxilios. O prazo para inscribirse nesta actividade remata o venres, 14 de novembro. |
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través de MUGATRA, organiza unha xornada informativa en distintas localidades de Galicia (prema sobre esta ligazón para acceder aos lugares, datas e horario de realización destas xornadas). Prema sobre a seguinte ligazón para acceder aos contidos desta actividade. Por último, pódese inscribir nesta actividade poñéndose en contacto co secretario do Centro ou premendo sobre este enderezo para cumprimentar o formulario de inscrición na actividade. O prazo de inscrición remata o venres, 14 de novembro. |
Xornada Informativa para o Persoal Docente
Día e hora do evento:
venres, 14 Novembro, 2014 - 23:00